Tuesday 14 de May de 2024

Cambre continúa coas súas medidas de inclusión social e igualdade nos pregos de contratación de servizos públicos


As empresas que opten ao novo concurso de Escolas de Actividade física e da saúde no verán poderán acadar ata 20 puntos por preesentar medidas que fomenten a igualdade e a inclusión sociolaboral

O Concello de Cambre continúa coas súas medidas para favorecer medidas de igualdade e de inclusión social coas novas licitacións nos contratos de públicos. Así acordou sacar a concurso aberto o servizo de escolas de actividades físicas e da saúde e actividades físico-recreativas de verán no que inclúe a adopción de medidas de igualdade e de inserción sociolaboral, que poderán puntuar ata 20 puntos na licitación.

Deste xeito as empresas que opten ao concurso punturarán con hasta 10 puntos por contar cun Plan de Igualdade, melloras coma redución da xornada, excedencias, licenzas ou permisos de paternidade ou maternidade, flexibilización, adaptación ou reasignación de servizos e horarios en función das necesidades de conciliación, e medidas similares.

Ademais, as que presenten medidas de inserción sociolaboral poderán obter ata 10 puntos. Neste senso, punturarán medidas coma o compromiso de empregar laboralmente, en caso de novas contratacións, baixas, substitucións e vacacións que precise o contrato, a unha porcentaxe superior ao 20 % de persoas con especiais dificultades de aceso ao mercado laboral, e, en especial, as persoas en situación ou risco de exclusión social.